Vivenda e o concello noiés acondicionarán o entorno de Pedrachán

melloraspedrachan_100_090408.jpgNOIA > A actuación, cun importe total de máis de 335 mil euros, estará dividida en varias fases.

{flowplayer}barbanza/melloraspedrachan.flv{/flowplayer}

O convenio asinado esta mañá en Santiago pola conselleira de Vivenda e Solo, Teresa Táboas, e o edil de Urbanismo noiés, Xosé Bernardo Castro, posibilitará a mellora dos camiños e da chegada ó lugar de Pedrachán. Ademais da mellora da pavimentación, substituíndose a actual por lousas de pedra, levarase a cabo tamén a recuperación do lavadorio, dotándoo dun novo teito e arranxandolle o solado con formigón e enlousado de granito. Nas beiras do lavadoiro construiranse tamén bancos con sillares de granito. Está previsto ademais o arranxo das fachadas das distintas construcións alí existentes, retirando canles e baixantes de pluviais, e levarase o abastecemento de auga ata o último muíño, retirarándose ademais postes e tendidos eléctricos, que serán soterrados, substituíndose as actuais luminarias por apliques nos muros.

Varias fases

Esta actuación enmárcase no programa de reintegración urbana do patrimonio cultural da ribeira do río Traba. A primeira fase consiste no acondicionamento xeral e recuperación do entorno dos Muíños de Pedrachán e do lavadoiro e nas fases seguintes recuperaranse os propios Muíños, a ribeira fluvial, a fábrica de curtidos do Couto e a Ponte de Traba, entre outros elementos.

Redacción Barbanza