RIBEIRA> Os nacionalistas aluden novamente os vertidos detectados en zonas como a dos Mosqueiros ou os Areeiros. Segundo eles é un problema que se repite sistemáticamente, polo que urxe unha actuación en consecuencia.
Non é a primeira vez que o BNG denuncia os problemas que está a provocar a rede de saneamento en diferentes puntos do Concello, especialmente en zonas como a dos Mosqueiros, en Castiñeiras, ou Areeiros, pero tamén en Coroso.
Por esta razón os nacionalistas volveron a rexistrar unha iniciativa plenaria a través da cal solicitan unha actuación do goberno municipal para poñer fin de xeito definitivo a todos estes problemas detectados na rede de saneamento municipal.