Ingresa en prisión o presunto autor dun incendio en Rianxo

    lumerianxo_100_111006.jpgRIANXO > O presunto autor do devastador incendio que asolou Rianxo o pasado agosto xa ten nome e apelidos: Daniel Conde Pérez.

    A titular do xulgado de Padrón xa decretou o ingreso en prisión de Conde Pérez. Con esta detención son 73 os arrestos producidos ata o momento en relación coa vaga de lumes que afectou este verán a toda Galicia, con principal incidencia tamén na comarca.

    Os axentes do equipo especial de incendios e do Seprona da Garda Civil de Noia levan dous meses traballando nesta investigación que culminou finalmente coa detención do presunto pirómano. Segundo as fontes da investigación, o detido foi visto no interior dun vehículo na zona onde se iniciou o lume, o pasado dez de agosto. lumerianxo_200_111006.jpg

    Esta non é a primeira detención de Conde Pérez, que xa en 1999 foi arrestado pola súa participación en varios incendios forestais en Catoira. Ademais sobre o detido pesa unha orde de alonxamento dos seus pais tras continuas amenazas e agresións. Ó parecer trátase dunha persoa moi conflitiva, cun posible trastorno da personalidade e problemas coas drogas.

    A nova foi valorada de xeito positivo polo alcalde de rianxo que sinalou que a detención vén confirmar unha circunstancia que é ben sabida por todos: a intencionalidade dos lumes. Piñeiro Hermida referiuse tamén a que o incendio do que presuntamente se lle imputa agora a autoría a este xoven representa o vinte por cento da superficie queimada en Rianxo durante o verán.

    Redacción Barbanza