O executivo iniciará traballos de mantemento no centro de saúde

     POBRA> As actuacións, que serán desenvolvidas polos membros da brigada de obras municipal, consistirán basicamente no adecentamento da fachada e na limpeza das canalizacións exteriores.

    {flowplayer}barbanza/mellorascentrosaudepobramaio13.flv{/flowplayer}

    Conscientes da necesidade de levar a cabo diversos traballos de conservación no actual edificio do centro de saúde, que presenta hoxe en día un importante deterioro, o executivo local iniciará nas próximas semanas diversas actuacións que consistirán basicamente no adecentamento e pintado das fachadas exteriores e a limpeza das canalizacións exteriores, así como tamén a mellora da zona axardinada na entrada do dispensario. As obras serán realizadas polos operarios da brigada de obras municipal, coma complemento ós traballos que a consellería de Sanidade veu desenvolvendo nos últimos meses como é o caso da mellora da cuberta, para evitar as filtracións de auga ó interior do edificio, e o sistema de calefacción.

    Entrevista coa conselleira

    Os traballos de mantemento no actual edificio seguirán realizándose na medida das súas necesidades. Aínda así o executivo continúa no seu empeño de levar adiante a construción dun novo dispensario. Así, está previsto que nos próximos meses o rexedor local manteña unha entrevista coa titular de Sanidade para avanzar neste proxecto, coa esperanza de que a Xunta inclúa nos presupostos do ano que vén unha partida para a construción do novo ambulatorio.

    Redacción Barbanza