Arranca a XVII Mostra de Teatro Infantil de Ribeira

RIBEIRA> O certame, que se desenvolverá do 26 ó 30 de maio, comezará co obradoiro de Teatro do CEIP O Grupo que porá en escea a obra“Unha pedriña máxica”. En total serán dez os grupos de teatro, tanto de colexios como ANPAS, que a partir do vindeiro luns, tomarán parte na XVII edición da Mostra Infantil de Teatro organizada pola concellería de Cultura. Oito serán de Ribeira e dúas de fóra, concretamente a o Grupo de Teatro Infantil da Sociedade Liceo Pueblense e a ANPA do colexio Bandaseca, tamén da Pobra. Cada día serán dous grupos os que se subirán arriba do escenario para dar a coñecer o seu espectáculo, no que levan traballando dende hai tempo, e co que esperan agradar a todo aquel que se achegue ata o auditorio municipal. As funcións da mostra darán comezo tódolos días ás oito da tarde. A entrada será libre e gratuíta ata encher aforo, podéndose retirar media hora antes da función. A programación está constituída polas seguintes representacións: Luns 26 de maio: • Obradoiro de Teatro do CEIP O Grupo: “Unha pedriña máxica” • ANPA do Colexio Galaxia: “O neno de chocolate” (ollo: no cartel esta actuación está prevista para o martes. Houbo un troco de última hora entre a función do ANPA do Galaxia e a do Colexio Galaxia propiamente dito). Martes 27 de maio: • Grupo de Teatro Infantil Sociedade Liceo Pueblense: “A fábrica de soños” • Colexio Galaxia: “A pantasma que non asustaba”. Mércores 28 de maio: • ANPA do CEIP de Palmeira: “O bar-lovento” • Colexio Bayón: “Juan sin miedo” Xoves 29 de maio: • ANPA do Colexio Bayón: “Aconteceu no mercado” • ANPA Bandaseca da Pobra do Caramiñal: “As ladroas de bágoas” • Colexio A Milagrosa de Oleiros: “El príncipe feliz” Venres 30 de maio: • Grupo Municipal Infantil de Teatro de Riveira: “A sardiña que quixo ser serea”. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/23/mostrateatroinfantilribeira230514.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/23/mostrateatroinfantilribeira230514.mp4{/flowplayer}