O BNG e o PSOE enfróntanse polo proxecto de saneamento da ría

bngsaneamentonoia_100_050209.jpgNOIA> Os nacionalistas consideran que a actuación non se adecúa ás necesidades do municipio.

{flowplayer}barbanza/bngsaneamentonoia.flv{/flowplayer} 

Dende o BNG noiés considérase que o proxecto de saneamento é unha das principais prioridades para o municipio, pero esta non pode darse, segundo eles, a calquer prezo. Fundamentan a súa postura en que o actual proxecto presentado dende Augas de Galicia de carácter unitario non é o máis idóneo para Noia, xa que a carón da vila se atopan os bancos marisqueiros máis importantes de Galicia en canto a producción de berberecho, que lle dan traballo a numerosas familias. Dúas son principalmente as cuestións que lle preocupan ós nacionalistas, o impacto ambiental e o custe económico que podería conlevar para as arcas municipais o saneamento unitario.

Chantaxe

Os nacionalistas están a estuda-la proposta, intentando que os técnicos de Augas de Galicia, atendan as súas demandas. O propio Bieito González sinalou que o que non están dispostos a consentir son chantaxes, polo feito de que se non se aproba agora o proxecto perderán a subvención.

A decisión final coñecerase no vindeiro pleno municipal.

Redacción Barbanza