Achégase o momento clave da temporada

tenisdemesa250_090408.jpgCAMBADOS > A piques está de remata-la temporada regular e de comezar as fases de promoción en tenis de mesa. Establecimientos Otero e Grupo Barros venceron esta semana confirmando así a súa candidatura ó ascenso.

Pese a que hai tempo pensan máis na fase de ascenso, o Establecimientos Otero non deixa de pisa-lo acelerador na súa categoría. E é que este ano estase a quedar pequena a Primeira División para uns cambadeses que piden a gritos a súa presencia na División de Honor.

Esta fin de semana, no derradeiro encontro de temporada regular, non tiveron problemas para desfacerse do Mercantil de Vigo por 0-4. Este sábado xogaranse co Avilés o primeiro posto da categoría, unha vez visto que os asturianos só perderon un partido no que vai de ano, precisamente contra o Establecimientos.

Tamén afrontará con optimismo a última xornada o Grupo Barros, despois de gañar esta fin de semana ó Vincios, cuarto clasificado, por 4-2. Continúan terceiros na xeral empatado co Monteporreiro, pero o seu balance de catorce victorias por tan só tres derrotas os pode meter na fase de ascenso coma un dos mellores terceiros, sempre e cando non piquen os pontevedreses na última xornada, que sería outra posibilidade aínda que máis improbable.

En Primeira Galega, tropezo do Joiería Enrique de cara a permanencia, caeron co colista Hípica por 3-4. Co mesmo rival, o Caixa Galicia puido gañar por 4-3 e continuar así segundos na xeral.

En Segunda Autonómica, o Caixanova deu un paso atrás de cara a acada-lo ascenso tras perder cun rival directo nesa loita, o Helios, por 2-4.

Destacar tamén outros resultados en terceira galega: Astegal 0 – 4 Ribadumia ; Padronesa 4 – 1 Liceo Casino Junior ; Mecos 4 – 1 Insucarpi ; Cinania 0 – 4 Insucarpi  Monte Porreiro Mixto 1 – 4 Astegal ; Liceo Casino Infantil 2 – 4 Monte Porreiro Mixilón .

Redacción Salnés