Bateeiros e mariscadores reciben o apoio da maioría do pleno de Vilanova

    evangelinalago100.jpgVILANOVA > Os bateeiros de Vilaxoán e a Confraría de Vilanova acadaron hoxe o apoio da maioría do pleno

    … ás súas reivindicacións pola nova Lei de Pesca. Só o PSOE votou en contra, argumentando que nesta reforma da lei hai consenso entre Pesca e a inmensa maioría do sector.

    A patroa maior de Vilanova, Evangelina Lago, afirma que a nova Lei de Pesca levará á desaparición das confrarías. Ó seu parecer, o goberno autonómico pretende cambialas por cooperativas, dando entrada no sector a calquera empresa. Esta preocupación expúxoa esta tarde no pleno de Vilanova, no que tamén interveu un representante da Agrupación de Mexilloeiros de Vilaxoán.

    O alcalde Gonzalo Durán arremeteu contra os membros do goberno bipartito da Xunta. Afirma que coa reforma da Lei de Pesca non queren garantirlle as concesións ós bateeiros. O rexedor vilanovés reclama consenso de tódolos grupos parlamentarios na aprobación da nova Lei de Pesca. Un texto, que, ó seu parecer, agora mesmo non pode garantir nada ó sector, e que, inda sen entrar en vigor, xa ten consecuencias negativas. Durán aclarou que levou o asunto a pleno para que a corporación se dera por enterada da situación dun sector, que só en Vilanova, representa o 60 por cento do seu PIB.

    Desde a oposición, só os nacionalistas apoiaron os escritos. Carmela Alfonso lembrou que o BNG votará a favor da nova lei no Parlamento si se garante un decreto que estableza méritos que permitan a continuidade das concesións. O PSOE votou en contra dos escritos. Rodrigo Santiago indicou que respeta estas opinións pero indicou que hai un acordo da inmensa maioría do sector con Pesca para reformar a lei.

    Redacción Salnés