Pontón reclama dende Pazo Baión a creación dunha lei galega do viño

VILANOVA> O BNG reclama a creación dunha lei galega do viño para apoia-lo sector. Dende Pazo Baión, en Vilanova, a voceira nacional do Bloque indicou que a norma serviría para potencia-las castes autóctonas ou fomenta-lo relevo xeneracional nas adegas. Ana Pontón demandou tamén a recuperación das mesas do viño das Denominacións de Orixe, como espazo de diálogo entre as administracións, as adegas e os cooperativistas.

Na recta final da vendima, a líder do BNG interésase polo traballo do sector vitivinícola da comarca do Salnés. Ana Pontón visitou Pazo Baión, en Vilanova. Primeiro, os viñedos. E despois, a adega. A voceira nacional do Bloque aproveitou para reivindicar máis apoio para o viño, por ser -dixo- un sector estratéxico para o desenvolvemento do rural e da súa economía. Nesa liña, reclamou a creación dunha lei do viño.

E nese sentido, tamén referencia á problemática do tamaño das parcelas. A media de superficie en Galicia está en 0,18 hectáreas, inferior á estatal, que se sitúa en 1,8 hectáreas. Apunta que isto está xerando discriminacións no acceso a fondos para o sector.

E canda ao impulso desa lei do viño, o BNG reclama a recuperación das mesas de diálogo entre as Denominacións de Orixe.

E apunta que tamén sería positivo para o sector recupera-los contratos homologados cun prezo mínimo para a uva que lle dea estabilidadea quen produce o viño e a quen o comercializa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí