O peirao de Vilanova sofre unha nova vaga de roubos

    VILANOVA> O peirao de Vilanova está sendo víctima nos últimos tempos dunha vaga de roubos, que afecta sobre todo ás embarcacións mexilloeiras…

    {flowplayer}images/salnes/roubos_confraria_vilanova.flv{/flowplayer}

    … e os camións. O Concello, a Confraría vilanovesa e a policía local unen esforzos para atallar con esta pingueira de roubos. Os roubos son cada vez máis frecuentes, polo que desde a Confraría reivindican a Portos de Galicia que adopte medidas urxentes. A primeira delas podería ser o incremento das quendas de vixilancia, ou mesmo a instalación dun servicio de videovixilancia.

     O alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, vai máis aló é propón non só ós mariñeiros, senón tamén ós veciños en xeral, que aproveiten a ventaxe de ter unha rede de banda ampla municipal para enganchar videocamaras caseiras de vixilancia nas súas pertenzas.

    Desde a Policía Local faise tamén un chamamento á precaución da cidadanía, especialmente con aqueles forasteiros que ca escusa de pedir chatarra ou argumentos semellantes vixían os fogares para aproveitar o menor descoido e entrar a roubar.

    Redacción Salnés