O CRA de Rianxo promove un proxecto pioneiro de especialización das Aulas Multigrao

RIANXO> O auditorio de Rianxo acollía onte pola tarde unha sesión de docencia sobre didáctica multigrao organizada polo Centro Rural Agrupado de Rianxo. Trátase da primeira acción formativa que se leva a cabo en Galicia sobre este método didáctico que caracteriza as escolas unitarias, onde hai diversos niveis educativos.

Falar do CRA de Rianxo é falar de dinamismo e innovación educativa. Dende hai anos a dirección do Centro vén traballando na mellora da formación do seu profesorado e de paso mellorar tamén a aprendizaxe dos nenos, onde se mesturan diversos niveis educativos. Conscientes das dificultades existentes para conseguilo, o pasado ano optaron por elaborar un proxecto Erasmus+ de especialización en clases multigrado para visibilizar este modelo educativo e darlle un pulo.

E unha destas opcións foi precisamente a organización dunha xornada de formación do seu profesorado, para a cal, o CRA contou coa participación de Javier Castillo, mestre dunha aula multigrao en Aragón, que falou precisamente sobre as metodoloxías activas e a programación para as aulas rurais multigrao.

Á inauguración da xornada tamén asistiron o alcalde, Adolfo Muíños; o director xeral de Centros e Recursos Humanos da consellería de Educación, Xesús Manuel Álvarez, e o director do CAFI Galicia, Ángel Rodríguez. Os tres puxeron en valor a importancia

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí