A Pobra volverá adiantar o Aninovo con badaladas a mediodía

A POBRA> Un ano máis A Pobra adiantarase ó Fin de Ano. O día 31 pola mañá celebrarase unha festa de Aninovo con badaladas, cotillón e animación de rúa.

O gran éxito da primeira edición celebrada o pasado ano, levou ó concello da Pobra a celebrar a segunda festa de Aninovo. terá lugar o día 31 a mediodía coas badaladas a cargo do cómico Oswaldo Digón.

Os que aínda queden con ganas de festa despois deste adianto poden disfrutar da festa de Finde Ano con DJ e cotillón a partir da unha da madrugada.