O concello esixe a Portos a devolución dos terreos da fachada marítima

fachadamaritimason_100_180210.jpgPORTO DO SON> O goberno local esixirá a Portos a devolución da fachada marítima que cederon á entidade para a reforma deste espazo litoral.

{flowplayer}barbanza/fachadamaritimason.flv{/flowplayer}

A actitude de Portos de Galicia non está sentando nada ben no seo do goberno local de Porto do Son. Ó desplante do máximo dirixente do organismo ó non recibir ó rexedor, súmase agora o anuncio do cambio do proxecto para remodelar a fachada marítima da localidade, cando a actuación se atopa na fase de adxudicación. Perante isto, o executivo local esixirá ó organismo portuario a restitución dos terreos deste espazo litoral porque, din, a zona está totalmente abandonada.

Deficiencias

A tenente de alcalde, Ánxela Franco, enumerou as deficiencias existentes nas beirarrúas, na iluminación e na rede de sumidoiros por falta de mantemento.

O bipartito criticou a actitude do goberno autónomico pola decisión de modificar o proxecto de reordenación da fachada marítima, dado que se trata dunha actuación moi necesaria na zona. Para o rexedor sonense é vergoñante que o grupo de goberno local se teña que enterar desta decisión polos medios de comunicación.

Críticas á anterior xestión

Pola súa banda, a tenente de alcalde reprobou a xestión do anterior goberno local por paralizar o proxecto no verán do pasado argumentado que antes de acometer a obra deberíase buscar o consenso de todos os colectivos afectados.

Agora, concluiu a edil nacionalista, “esíxenos a nós a través dunha moción no pleno que fagamos o que a el non lle dou a gana de facer en sete meses”.

Redacción Barbanza