Añoranza lanza o seu segundo disco cantándolle ás terras do Salnés

RIBADUMIA> Imos agora cun pouco de música. Añoranza, un grupo formado por sete veteranos do Salnés, presenta novo disco. É o seu segundo traballo en el cántanlle á súa terra. Vano presentar este domingo no Auditorio de Ribadumia.

Canto á terra do Salnés. Ese é o nome do segundo disco de Añoranza. O grupo está formado por sete amantes da música, todos eles da zona. O novo traballo xurde logo da exitosa acollida que acadou o seu primeiro disco.

O conxunto naceu con catro compoñentes cando eles aínda eran mozos. Tocaban por furanchos e pouco máis. A partir do ano 2000 o grupo medrou, coa incorporación de tres músicos profesionais.  Eles din que cantan e tocan por pasa-lo tempo e divertirse. Queren que os seus discos sirvan de recordo ás boas vivencias que experimentaron xuntos.

A presentación do novo disco vai ter lugar este vindeiro domingo no Auditorio de Ribadumia. No Concello agradecen que escolleran a localidade para a súa posta de longo. A actuación será ás 7 do serán con entrada de balde.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí