Feijoo acusa á Xunta de discriminación política

    feijoos100_150408.jpgSANXENXO > O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo estivo esta mañá en Sanxenxo para visitar o centro social de día, un dos máis equipados…

    …da comarca do Salnés. Feijoo falou cos usuarios e comprobou a calidade dos servizos cos que contan. O presidente popular acusou á Xunta de facer diferencias de financiamento cos centros dependendo da cor política do concello a onde pertenzan.

    O presidente dos populares galegos chegou a Sanxenxo puntual á cita cos maiores. Os ususarios do centro de día da vila estaban preparados para recibir a Alberto Núñez Feijoo que compartiu con eles, acompañado da alcaldesa de Sanxenxo Catalina García unha xornada de entretemento. O voceiro popular visitou unha a unha as instalacións do centro e cualificouno como referente en toda Galicia, sobre todo na atención do persoal médico.

    Nembargantes o centro de día de Sanxenxo sostense na súa maioría da fondos municipais e as apartación dos usuarios que varían en porcentaxe segundo os seus ingresos, Segundo relatou hoxe a alcaldesa, o centro non pertence a ningún organismo regulador nin consorcio, polo que non perciben subvencións autonómicas. Un feito que Núñez Feijoo sinala como discriminatorio dependendo da cor política á que pertenzan.

    Feijjó tamén criticou a xestión da política social da Xunta cualificada de intervencionista Os populares apostan por unha xestión de calidade baseada no coidado ós maiores como a poboación potencial máis numerosa de Galicia . Unha xestión social de liberdade tanto en mans da xunta coma dos concellos . Un servizo de calidade

    Redacción Salnés