Emotiva homenaxe a Rosalía no seu 175 aniversario

homenaxerosaliamuros.jpgMUROS> O acto, que se desenvolveu no salón de plenos, consistiu nun pequeno recital de poemas da autora por parte de escolares do municipio.

{flowplayer}barbanza/homenaxerosaliamuros.flv{/flowplayer}

Nun salón de plenos totalmente ateigado para a ocasión, o executivo muradán celebrou este mediodía un emotivo acto para conmemorar o 175 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, unha das autoras máis representativas da literatura galega. O concello respondía así á chamada realizada dende a propia Fundación Rosalía de Castro e a Asociación de Escritores en Lingua Galega para lembrar tan significativa data.

Recital poético

Nos actos programados polo concello muradán tomaron parte alumnos de infantil e primaria dos colexios San Xosé, Louro e Ramón de Artaza, así como tamén do instituto As Ínsuas. Foron os propios escolares os encargados de dar lectura a varios poemas da autora, especialmente de dúas das súas obras máis destacadas Cantares Gallegos e Follas Novas.

Nota musical

A Agrupación Folclórica Ximiela de Louro foi a encargada de poñer a nota musical ó acto, pechándose coa interpretación do himno galego.

Redacción Barbanza