Veciños de Fofán, en Armenteira, reclaman un enlace ca autovía do Salnés

    foto__meis_100.jpgMEIS > Ducia e media de veciños de Fofán, en Armenteira, Meis acudiron esta tarde a pedir explicacións á empresa adxudicataria da autovía do Salnés,…

    … máis en concreto do enlace da estrada Po 531 a Sanxenxo. Deste xeito, estes veciños desprazáronse ata as oficinas que a Unión Temporal de Empresas Puentes e COPASA ten en Mosteiro, para recordarlles que se esgotara o prazo de quince días fixado por eles para acudir a construír unha saída da vía rápida á localidade na que residen.

    Estes pontevedreses están preocupados porque coidan que a empresa finalmente non lle vai a realizar este acceso tan necesario para eles, a pesar de que se contempla no proxecto. A explicación que lle deron é que as máquinas estaban a traballar noutras localizacións prioritarias, un termo que xa coñecía o alcalde local.

     Casualmente, daquela pasaba por alí este alcalde de Meis, José Luís Pérez, quen esclareceu ca empresa constructora que el non coñecía este punto, e esixiu que se lles realizase este acceso de a penas 200 metros ós veciños, canto antes. Os veciños quedaron satisfeitos polo de agora con esta medida, e anuncian que se mañá non teñen alí as máquinas como se prometeu esta tarde, seguirán mobilizándose.

    Redacción Salnés