Pérez Touriño promete asistir á Festa do Albariño

    tourinomitincambados100_240507.jpgCAMBADOS > O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, estará no Albariño. Alomenos, así llo prometeu onte a Domingo Tabuyo, …

    … candidato do PSOE á alcaldía neste concello. O secretario xeral dos socialistas galegos acompañouno no mitin central que se celebrou onte á noite na Xuventude.

    tourinomitincambados200_240507.jpgEmilio Pérez Touriño estará na vindeira festa do Albariño. Así llo prometeu ó candidato socialista á alcaldía de Cambados, Domingo Tabuyo. O secretario xeral do PSdeG participou onte no mitin central dos socialistas cambadeses e deulle deste xeito mostras do seu apoio a Tabuyo, de quen dixo que será ‘un excelente alcalde, o que se merece Cambados’. Pérez Touriño explicou que virá ó Albariño para ‘que ese viño sexa de todos e de todas, unha auténtica festa popular, da cultura e do pobo de Cambados’.

    O cabeza de lista dos socialistas cambadeses criticou abertamente ó PP de Cores Tourís, falou da débeda do concello, dos grandes proxectos prometidos polos populares como os aparcamentos soterrados e a praia de Tragove e que non fixeron. Lembrou a venda da Merced, falou dos enchufismos, o abandono das parroquias e os malos cheiros.

    Domingo Tabuyo considera que o que máis lle molesta a Tourís é que o PSOE pode vir ‘con orgullo e satisfacción’ a Cambados, ‘con balance de xestión, xa que nos tres anos que estivo en Madrid fixo máis que outros en máis anos’. Deste xeito, o candidato socialista reclamou para si logros como a rehabilitación da Fábrica de Peña con cargo ó 1% cultural, o novo cuartel da Garda Civil, 1 millón de euros para rematar o paseo de Fefiñáns ou o cuarto xulgado.

    Redacción Salnés