O Establecimientos Otero remata a liga invicto

tenisdemesa250_160408.jpgCAMBADOS > Ven de remata-la temporada regular na que o Establecimientos Otero proclamouse campión do seu grupo, en Primeira Nacional. O Grupo Barros terá que agadar para saber se pode estar na fase de ascenso.

Como se dunha apisonadora se tratara o Establecimientos Otero pasou por riba dos seus rivais en Asturias. No primeiro partido impúxose sen ningún tipo de problemas ó Asturavilés por un contundente 0-4. No seguinte, enfrontábanse ó segundo clasificado na xeral, tampouco tiveron piedade do seu rival endosándolle un claro 1-4. Esta victoria ponlle sen dúbida o broche de ouro a unha temporada na que non perderon nin un encontro dos que disputaron. Agora deberán agardar quince días para xogar a fase de ascenso no que pode ser o retorno do conxunto cambadés á División de Honor.

En Segunda Nacional o Grupo Barros acadou tamén unha victoria na derradeira xornada de Liga que non lle serviu para avanzar postos na clasificación, xa que o Monte Porreiro tamén superou ó seu rival. Os cambadeses gañaron ó Club del Mar por 2-4 e agora deberán esperar ós resultados doutros grupos para ver se pasan como mellor terceiro á fase de ascenso.

En Primeira Galega, o Caixa Galicia non errou e gañou na súa visita a Ordenes por 2-4. Deste xeito acada o segundo posto na xeral e deberá agardar ó que fagan Establecimientos Otero e Grupo Barros para ver se pode ascender a Segunda Nacional. O que si que fallou foi o Joiería Enrique que caeu en Noia 4-1 e queda condenado ó descenso.

En Segunda Autonómica o Caixanova perdeu tamén o seu encontro desta volta por 4-3 en Monte Porreiro, polo que finaliza en cuarta posición a liga.

En Terceira Galega tanto Insucarpi como Astegal, gañaron seus respectivos encontros, as primeras por 4-1 no derby contra el Liceo Casino Infantil de Vilagarcía e o Astegal, por 0-4 ó Monte Porreiro, co que finalizan a liga en quinta e sexta posición, respectivamente.

Redacción Salnés