![]()
VILAGARCÍA> IVIL presentará a súa candidatura o vindeiro día 16, ás oito e media da tarde no auditorio municipal.
{flowplayer}images/salnes/entrevista_rivera_mallo.flv{/flowplayer}
VILAGARCÍA> Independentes por Vilagarcía presentará a súa candidatura o vindeiro día 16, ás oito e media da tarde no auditorio municipal. Así o confirmou hoxe a Canal Rías Baixas o candidato á alcaldía por IVIL, José Luís Rivera Mallo.
IVIL asegura que xa ten practicamente redactado o programa electoral. Rivera Mallo proponse sacar a Vilagarcía da crise, potenciar e actualizar o modelo de cidade, revisar o PXOM, crear solo industrial a prezo competitivo, apoio á pequena e mediana empresa, recuperar a bandeira azul para a Compostela, ou potenciar Fexdega, entre outras promesas.
Estes días IVIL reúnese con colectivos e institucións para completar o seu programa. Hoxe tocou a Autoridade Portuaria a quen lle formulou a súa intención de promover unha feira do mar flotante, entre outras propostas.
Redacción Salnés








