![]()
MEIS > A subida á Armenteira contará con quitamedos homologados. A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe …
… a colocación destes elementos de seguridade viaria.
A Deputación de Pontevedra instalará quitamedos homologados, similares ós colocados na estrada Carracedo-Catoira, na vía de subida á Armenteira dende a autovía do Salnés. O presidente Rafael Louzán indicou que se investirá este ano un millón de euros para retirar os denominados polos moteiros quitamedos asasinos e sustituilos por outros homologados e con menos risco para os motoristas.
Louzán lembrou que, da devandita cantidade, 300.000 euros son investidos no tramo Carracedo-Catoira e o resto irán a puntos que a Asociación de Moteiros de Galicia indicará á Deputación Provincial. Segundo dixo, a asociación xa lle adiantou a necesidade de colocalos na subida a Armenteira. Na xunta de goberno de hoxe, a Deputación aprobou a contratación, mediante concurso e por procedemento aberto, do subministro de material de sinalización e seguridade viaria, por importe de 72.000 euros.
Redacción Salnés






