A Xunta apoia o proxecto de Vilanova para o Pazo de Vista Real

    FEIJOO_VILANOVA_copia100.jpgVILANOVA> A Consellería de Benestar xa foi informada da construción do centro de día no inmoble.

    {flowplayer}images/salnes/FEIJOO_VILANOVA1.flv{/flowplayer}

    O uso público do Pazo de Vista Real proposto por Vilanova é visto dende a Xunta como a mellor opción para o destino da propiedade. O inmoble pasaría a acoller o centro de día do concello, satisfacendo así unha necesidade denunciada dende hai anos por parte do goberno local.

    O goberno local presentará unha oferta por Vista Real dentro do prazo establecido pola Axencia Tributaria. O pazo recibiu esta semana a visita de dous taxadores, que a semana que ven presentarán ó concello unha estimación do seu valor para orientar a poxa.

    A construción do Balneario do Terrón foi outra das cuestións abordadas na reunión co presidente da Xunta. Segundo Gonzalo Durán, o concello espera anunciar a licitación pública do proxecto en dúas semanas para iniciar as obras a comezos do 2011.

    Na reunión de onte en San Caetano, ambos dirixentes acordaron tamén a construción de beirarrúas na PO-549. A obra estaría incluída nun proxecto de Seguridade Viaria que xa se realizou no tramo de Caleiro. Corón e San Miguel, as zonas máis habitadas, serían as seguintes, pero nin Xunta nin Concello quixeron establecer un prazo determinado debido ás dificultades económicas.

    Redacción Salnés