VILANOVA> Vilanova de Arousa celebra esta fin de semana o primeiro trofeo Vilanova-BTroula de baile deportivo e inaugurará con esta actividade o pavillón multiusos trala súa ampliación e melloras. Esperase que unhas 100 parellas de nival nacional e internacional participen nesta competición na que se poderán ver bailes estándar e latinos.
O Pavillón de Vilanova de Arousa está case rematado trala súa ampliación e mellora das instalacións e esta fin de semana probará a nova pista cunha competición que promete facer bailar a moitos. O 22 de maio e dende as 10 da mañá e ata as 8 e media da noite celebrarase o primeiro trofeo de baile deportivo Vilanova-Btroula e nel daranse cita unhas 100 parellas de baile con idades comprendidas entre os 3 e os 65 anos.
A competición conterá tres probas nunha e estará habilitada pola Federación Española de Baile Deportivo a nivel nacional para o campionato, tamén terá un open internacional e danza coreográfica, unha modalidade na que non se baile por parellas senón en grupo.
Para dar boa conta do que se poderá ver o domingo no edificio multiusos esta mañá dúas das parellas que participarán fixeron unha pequena demostración nas dependencias do propio concello. Adrián Vidal de Baión e Noemí Abal de Molsteiro participarán na categoría de adultos e Mateo Pérez de Pontevedra e Pili de la Torre de Baión en Junior. Con eles estarán unha longa lista de campións como o 11 veces Campión de España, Adrián Esperón, ou ou Campións do Mundo de Merengue na modalidade de baile Reto.
A entrada xeral custa 6 euros, para os xubilados serán catro e os menos de 12 anos entrarán de balde.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/16/ptac_btroula_vilanova_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/16/ptac_btroula_vilanova.mp4{/flowplayer}