Nun mes arrancará a terceira fase de intervención en Monte do Castro

    monte_castrocopy.jpgRIBADUMIA> O Presidente da Deputación así o asegurou durante a súa participación na última visita das organizadas polo Nadal ó xacemento.

    {flowplayer}images/salnes/LOUZAN_RUTA_MONTE_CASTRO.flv{/flowplayer}

    Despois de concluíla segunda fase de intervención o pasado 21 de decembro, a finais deste mes, comezos de febreiro, está previsto que arranque a terceira das fases que darán continuidade ós traballos de recuperación do xacemento arqueolóxico Monte do Castro.

    Louzán facía estas declaracións durante a súa participación na última das visitas organizadas ó xacemento organizadas para o Nadal, que foron complementadas cunha exposición e talleres didácticos no Auditorio de Ribadumia. Segundo o arqueólogo da escavación, Rafael Rodríguez, ambas actividades superaron tódalas expectativas de participación.

    Pola súa banda, a alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña, salientou a súa satisfacción polo traballo que se fixo ata o de agora. Neste senso, Louzán recalcou a necesidade de que tódolos veciños se impliquen no coidado e preservación do xacemento.

    Redacción Salnés