As enfermeiras continúan protestando ante o silencio de Sanidade

    enfermeiras100_160408.jpgVILAGARCÍA > As enfermeiras de atención primaria do ambulatorio de San Roque volveron a concentrarse esta mañá ás portas do centro médico.

    {flowplayer}images/salnes/enfermerasvilagarcia.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA > As enfermeiras de atención primaria do ambulatorio de San Roque volveron a concentrarse esta mañá ás portas do centro médico. E é que tras varios meses de protestas, seguen sen unha resposta por parte da administración autonómica. Para a vindeira semana vanse volver a reunir en Santiago coas sanitarias doutros centros galegos.

    Un mércores máis as enfermeiras e enfermeiros de atención primaria do ambulatorio de Vilagarcía concentráronse ás portas do centro para pedir, coma xa o levan facendo dende o pasado novembro, un vehículo co que desprazarse ata as casas onde fan as asistencias domiciliarias. Unha protesta que tamén secundan tódolos mércores dende hai un mes, as sanitarias de centros de Ferrol, A Coruña, Ourense, Pontevedra, A Estrada ou Cambados. Fano logo de que se constituísen coma Plataforma para trasladarlle a súa petición unánime á Consellería de Sanidade.

    Ademais das concentracións, están a recoller sinaturas entre os pacientes, e dende o pasado un de febreiro fan os servizos de atención domiciliara a pé, xa que se negan a empregar os seus coches, que engaden non están preparados para transportar mostras biolóxicas coma teñan que facer a cotío. Isto tradúcese nos retrasos das consultas. Para a vindeira semana unha representante dos centros integrados na plataforma, volverán a reunirse para acordar as novas medidas que van adoptar, ante o silencio das administracións.

    O outro paso agora será levar o seu problema á mesa sectorial a través dos sindicatos dos que ata o de agora aseguran non tiveron o suficiente apoio. As enfermeiras tamén volveron a lembrar hoxe que non perciben ningún tipo de complemento en nómina por usar o seu coche familiar nos desprazamentos. Engaden que os sanitarios doutros servizos coma o HADO xa dispoñen dun medio de transporte para realizar o seu traballo.

    Redacción Salnés