Ribadumia encherase de bailaríns o vindeiro 30 de abril

    RIBADUMIA> A música e os bailes volverán a Ribadumia o vindeiro 30 de abril en Ribadumia. O IV Trofeo de Baile Deportivo de Ribadumia Btroula encherá vila de bailaríns e ritmos melódicos cun evento que a bo seguro será do agrado de todo aquel que acuda o Pavillón de A Senra na vila. Tules, cristais de colores, plumas e paxariñas encheran de color Barrantes o vindeiro 30 de abril. De este domingo en oito días celebrarase na vila o IV Trofeo de Baile Deportivo de Ribadumia Btroula. Unha competición que será puntuable a nivel nacional e autonómico, tal e como explicaba esta mañá o alcalde de Ribadumia, David Castro. Dende as 10h da mañá e ata as 22h da noite de maneira continuada. Faranse catro competicións nunha soa, todas as competicións que se celebrarán o vindeiro 30 de abril están apoiadas pola Federación Española de Baile Deportivo. Ademais de este aspecto Breogán Pérez, responsable de Btroula, tamén explicou as partes nas que se dividirá a competición e o ámbito de clasificación de cada un. En Ribadumia elixirase o campión ou campioa galego de cada idade, polo que dende a organización animan a todos os amantes do baile a que acudan a Barrantes, concretamente ao Pavillón da Senra a ver este espectáculo onde se darán cita os mellores bailaríns da provincia, da comunidade e diferentes puntos de España e Portugal. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/21/campionato_baile_ribadumia_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/21/campionato_baile_ribadumia.mp4{/flowplayer}