![]()
CAMBADOS> O Subdelegado do Goberno reuniuse co alcalde, Luis Aragunde, para analizar as inversións do 2010, suxeitas o Fondo Estatal para o Emprego e a Sostenibilidade.
{flowplayer}images/salnes/PLAN_E_CAMBADOS.flv{/flowplayer}
Delfín Fernández, visituou as obras de melloras urbanísticas que se levaron a cabo nas rúas Vicente Risco, Alfonso Castelao, Narciso Pérez e Emilia Pardo Bazán. Entre as reformas levadas a cabo, destacan o asfaltado, a ampliación das beirarrúas e o saneamento. En Cambados executáronse 12 proxectos de obra, cun coste total de máis de 2 millóns e euros e que xeraron 107 postos de traballo.
No marco do novo Fondo Estatal para o Emprego e a Sostenibilidade Local, Cambados ten asignada unha cantidade total de case 1.500.000 euros, para nove proxectos que dean traballo a 64 persoas. Este municipio tamén presentou unha actuación de gasto social por case 58.000 euros.
Está previsto que as obras comecen a finais de abril principios de maio tralo período de licitación.
Redacción Salnés









