Seis prescritores do Reino Unido visitan a Denominación de Orixe Rías Baixas

VILAGARCIA> Seis prescritores do Reino Unido visitan as Rias Baixas para coñecer a fondo os viños da Denominación de Orixe. Os expertos coñecerán as adegas pero tamén a natureza das diferentes comarcas. A experiencia dos visitantes permitirá aumentar a promoción do viño no Reino Unido.

As exportacións da Denominación de Orixe Rías Baixas polos diferentes países do mundo non deixan de crecer cada. Ademais da calidade dos seus viños, isto tamén e froito dunha importante campaña de promoción. Unha estratexia que trae cada ano a prescritores do viño de diferentes países a visitar a Denominación de Orixe. Esta semana son 6 expertos do Reino Unido os que están coñecendo as Rías Baixas, entre eles atópase un galego que leva 17 anos vivindo no país británico.

Os visitantes coñecerán como se elaboran os viños, os catarán e tamén descubrirán a nosa natureza.

Estas visitas permitirán que os expertos promocionen o viño no Reino Unido.

Os expertos consideran que os viños da Denominación de Orixe Rías Baixas poden competir cos mellores do mundo.

Das 181 adegas que conforman a DO, 109 exportan ao Reino Unido. Este é o segundo país do mundo ao que máis se exporta o viño das Rías Baixas. Arredor dun 20% das vendas internacionais teñen como destino as illas británicas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí