500 deportistas danse cita este sábado en Vilaxoán na XVII Bandeira de Bateis ‘Porto de Vilagarcía’

VILAGARCÍA> Vilaxoán acolle este sábado a XVII edición da bandeira de bateis ‘Porto de Vilagarcía’. Un cento de embarcacións e máis de 500 deportistas daranse cita este ano na proba, presentada esta mañá na Autoridade Portuaria vilagarciá. A competición vaise dividir en 12 categorías, dende alevín ata absoluto feminino e masculino.

No acto desta mañá, o presidente da Autoridade Portuaria destacou o traballo da entidade anfitrioa e organizador deste evento, o Club de Remo Vilaxoán.

Cores Tourís aproveitou para rearfirmar o compromiso da Autoridade Portuaria con esta proba que patrocina dende os seus inicios, así como co fomento dos deportes naúticos.