Extrugasa Arousana, a catro puntos do título de Liga

VILAGARCÍA > O deste domingo foi un partido de trámite para o Extrugasa Arousana que goleou ó Zamora en Fontecarmoa. Tres puntos que manteñen ó cadro de Celso Couso en cabeza no grupo segundo de Liga Nacional Feminina. Nesta xornada o míster botou man das menos habituais e a afección volveu a ver no terreo de xogo a Marta Cortés, afastada nos últimos meses por lesión.

Queda só un partido para que o Extrugasa Arousana consiga o título no segundo grupo da Liga Nacional de Fútbol Feminino. Esta fin de semana xogou en Fontecarmoa e acadou os tres puntos cun contundente 6-0 fronte ó penúltimo clasificado, o Zamora.

O adestrador Celso Couso deulle descanso esta xornadas a algunhas das súas xogadoras e sacou ó campo ás menos habituais. Tamén tivo oportunidade de volver ó terreo de xogo Marta Cortés, que levaba seis meses apartada por unha grave lesión. Nos vinte primeiros minutos o encontro quedou sentenciado, con tres goles das locais Mari Paz, Marta García e Raquel. Esta última foi expulsada no minuto 20 e a pesares da inferioridade numérica as ocasións seguiron sendo das arousanas. Rosi marcou o 4-0 e os dous últimos foron obra de Míriam.

Con este triunfo o Arousana mantén os dous puntos de vantaxe sobre o Nuestra Señora de Belén. Para ser campionas necesitan sumar 4 puntos nos dous últimos partidos. Os rivais serán Mareo e Aguiño.

Redacción Salnés