![]()
SANXENXO > Os veciños de Dadín e de Nantes, en Sanxenxo, amósanse moi desgustados cas obras da autovía do Salnés o seu paso por este concello.
A orixe do malestar hai que buscala na Ponte de Campos, unha comunicación que tiveron toda a vida e que agora desapareceu con estas obras, deixando a unha chea de familias incomunicadas. Os veciños deixaron que se derrubase a ponte anterior que lles daba servicio posto que no proxecto se contempla unha nova no seu lugar. Agora, a piques de rematar estas obras, ven como non hai trazas de que llela repoñan.
Estes afectados aseguran que esta nova comunicación terrestre, a nova autovía, a eles vainos a deixar máis incomunicados que nunca; posto que para facer algo tan sinxelo como ir a misa teñen que dar unha volta de máis de quince minutos ata a parroquia veciña. Ante esta falta de información, os veciños están pensando en argallar outro tipo de presións para que, a quen lle corresponda, lles restitúa a ponte.
Redacción Salnés









