A Xunta abre ao púbico os xacementos de Adro Vello

O GROVE> A Xunta abre ao público o xacemento arqueolóxico de Adro Vello no Grove. Ao ser un espazo protexido, as visitas só están programadas para determinados días cunha quenda de mañá e outra de tarde. No xacemento poden observarse antigas construcións romanas como a base dunha igrexa.

O tesouro arqueolóxico do Grove xa está aberto o público. A campaña para diagnosticar o estado e poñer en valor Adro Vello alcanza a súa última semana, o que permiten que a Xunta abra as portas do xacemento.

Ao ser un espazo protexido as visitas están limitadas, só se realizan durante algúns días e nunha única quenda tanto de mañá como de tarde. Os interesados en achegarse ao Adro Vello poderán gozar de máis de 1800 anos de restos romanos.

Ata o lugar achéganse interesados que queren coñecer os restos arqueolóxicos de Adro Vello pero tamén veciños que levan seguindo a historia do xacemento dende as súas primeiras escavacións.

No que coinciden todos é no asombroso que supón poder contemplar uns xacementos tan antigos.

Dende a escavación sinalan que o traballo realizado foi existoso, podendo reinterpretar a historia do lugar cos novos descubrimentos. Na seguinte fase, os arqueólogos escavarán novas zonas para descubrir novos achados, tamén tomarán medidas para musealizar os restos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí