Os TEDAX desactivan unha granada morteiro antiga en Vilagarcía

    amenaza_bomba100.jpgVILAGARCÍA> Rocambolesca historia a que se viviu onte á noite na rúa Ramón Cabanillas por mor dunha granada morteiro.

    {flowplayer}images/salnes/AMENAZA_BOMBA.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> Rocambolesca historia a que se viviu onte á noite nas inmediacións da rúa Ramón Cabanillas de Vilagarcía. Onte á noite a Policía Nacional acordoaba a rúa logo de que un home avisase de que tiña un artefacto no maleteiro do seu coche, que tiña estacionado nesta rúa.

    Ó parecer, este veciño levaba varios días co artefacto no seu coche, logo de que llo dera un amigo seu que o atopara hai tempo en Baión, en Vilanova. Tras comentarllo a un garda civil, este deu aviso á policía. Sobre as oito da tarde os axentes achegáronse á zona e ó inspeccionar o artefacto viron que era unha granada morteiro antiga, probablemente da Guerra Civil, e como levaba a espoleta posta, decidiron acordoar a rúa ante o risco de que puidese estallar.

    A actuación espertou a curiosidade de moitos veciños que se achegaron ó cordón policial. Os axentes pediron ós residentes que non saísen dos edificios, inda que houbo algún que se saltou a advertencia para saír ou acceder á súa casa. Sobre as dez e media da noite chegaron os especialistas en desactivar artefactos explosivos. Os TEDAX inspeccionaron o morteiro que permanecía no maleteiro do coche, sacárono e levárono nun furgón policial nun contedor especial para investigalo e determinar a súa procedencia.

    Este xa é o segundo artefacto antigo que aparece en Vilagarcía. Hai dous anos uns alumnos do instituto Castro Alobre, preto desta rúa, atoparon unha granada de man abandonada nun piñeiral do recinto escolar.

    Redacción Salnés