Sanxenxo aposta polo turismo de congresos

    convenio_turismo_sanxenxo100_090709.jpgSANXENXO> Turismo de Sanxenxo desenvolverá un estudo para coñecer as posibilidades do municipio para acoller congresos.

    {flowplayer}images/salnes/convenio_turismo_sanxenxo.flv{/flowplayer}

    SANXENXO> O sesenta por cento dos congresos que se celebran en España moven entorno ás 150 persoas, e Sanxenxo conta con oferta hoteleira para acollelos e cun auditorio como o Emilia Pardo Bazán para xuntalos.

    Con esta base, Concello e CETS decidiron apostar por este tipo de turismo. Pero antes, estudarán ben as posibilidades do municipio. Para facer este estudo, a empresa Turismo de Sanxenxo conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra, a través dun convenio con Turismo Rías Baixas.

    O presidente do Padroado considera que os congresos poden axudar a atraer turismo en tempada baixa. Concello e CETS desenvolverán o estudo durante este verán co ánimo de ofrecer Sanxenxo para congresos xa no vindeiro inverno e primavera.

    Concello e Deputación congratuláronse de que Sanxenxo fixese ben os deberes en turismo para que o sector soporte mellor a crise económica actual.

    Redacción Salnés