A forza do temporal deixa a súa pegada nos concellos do Barbanza

    temporal_100_180408.jpgBARBANZA > A comarca do Barbanza sufriu os efectos do temporal durante a pasada noite coa caída de árbores, contedores e pequenas inundacións.

    {flowplayer}barbanza/temporal.flv{/flowplayer}

    BARBANZA > A comarca do Barbanza sufriu os efectos do temporal durante a pasada noite coa caída de árbores, contedores e pequenas inundacións. A pasada noite foi especialmente axitada para os servizos de emerxencia da comarca do Barbanza que permaneceron en alerta ante a forza do temporal que azotou toda a comunidade.

    Por mar e terra

    Noia e Boiro foron algúns dos concellos máis afectados, onde os voluntarios de Protección Civil realizaron numerosas intervencións. En Noia a caída dunha árbore no parque do campo da Feira, ó lado da Alameda, provocou desperfectos nunha farola e nunha papeleira. Os efectivos de Protección Civil tiveron que proceder tamén á retirada de ramas e corte de árbores en varias estradas dos concellos de Noia e de Lousame, especialmente nas estradas a Boiro e Padrón.

    Tamén no mar se deixaron sentir os efectos do temporal posto que un barco da confraría soltou amarras e embestiu contra un poste da luz chegando mesmo a derrubar un muro. O mesmo aconteceu co balandro Joaquín Vieta que permanecía fondeado á espera de ser restaurado. A forza do temporal desprazouno ata chocar cun muro.

    Eficacia dos servizos de emerxencia

    Tamén en Boiro foron numerosas as intervencións do Grumir dende as tres da mañá estivo traballando na retirada de árbores e colocación de contedores. Segundo o alcalde boirés, situacións como as vividas a pasada noite evidencian a necesidade do mantemento dos Grumir así como a súa probada eficacia na resolución das emerxencias.

    Tamén nos concellos de Ribeira e Rianxo deixouse sentir con forza o temporal. No primeiro, os efectivos de Protección Civil tiveron que proceder a cortar unha árbore en Couso arredor das tres e media da madrugada mentres que esta mañá no concello rianxeiro procedeuse á retirada dunha árbore caída que atrancou unha pista local entre Asados e A Laxe. A Pobra foi o concello menos afectado, con escasas incidencias durante esta noite.

    Alerta laranxa

    Aínda que está prevista unha leve mellora da situación meteorolóxica nas próximas horas, continúa a alerta laranxa polo que os efectivos de emerxencia aconsellan extrema-las precaucións nas estradas e retirar das fiestras aqueles obxectos que poden caer ou desprenderse.

    Redacción Barbanza