O director xeral de Maiores interésase polas actividades do centro de día de AGADEA

RIBEIRA> O director xeral de Maiores e Discapacidade visitou o centro de día de Agadea en Ribeira. Ildefonso de la Campa destacou a gran labor desta entidade que leva vinte e cinco anos traballando na mellora da calidade de vida dos enfermos de alzheimer.

O centro de día de Agadea en Ribeira presta na actualidade asistencia a unha trintena de usuarios. Alí, os pacientes afectados de alzheimer realizan actividades de estimulación cognitiva para retrasar o avance da doenza. O director xeral de Maiores e Discapacidade tivo ocasión de coñecer as instalacións e compartir algunhas das actividades cos usuarios.

Ildefonso de la Campa destacou o gran labor que realiza AGAdea tanto cos enfermos como coas familias ó poñer en marcha estes recursos que favorecen a conciliación.

Pola súa banda, a presidenta da asociación aproveitou a visita para plantexarlle algunhas das necesidades do centro de día así como para dar a coñecer as numerosas accións que desenvolve AGADEA, especialmente no ámbito da prevención.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí