Pouco que xogarse nos encontros que restan

baloncesto250_180408.jpgSALNÉS > Os equipos do Salnés afrontan con certa tranquilidade este tramo final de temporada. Extrugasa, Inelga e Establecimientos Otero chegan cos deberes feitos e con pocas posibilidades de cambia-la súa situación na clasificación xeral.

O obxectivo da temporada xa está acadado; primeiro foi asegura-la permanencia, despois meterse na Copa da Raíña e agora nos playoff polo título. O Extrugasa será como mínimo séptimo este ano en temporada regular e só podería ascender ata a sexta posición se é que gañan os dous partidos que lle restan e o Celta Vigourban perde os dous.

Pero antes de poñerse a facer contas as vilagarciáns desplázanse ás Illas para xogar co Gran Canaria mañá a partires das 18:00. Volvense a atopar na pista dous equipos que se coñecen ben xa que este ano xa se enfrontaron en tres ocasións, unha en liga e dúas na Eurocup con balance positivo para o Extrugasa 2-1. As canarias terán gañas de vingarse desa eliminación europea.

As vilagarciáns atravesan por un bo momento despois de gañar con solvencia ó Extremadura Dato e de demostrarse a elas mesmas que poden gañar partidos apretados, como o de Olesa. Enfronte a grande ameaza será Roneeka Hodges, máxima anotadora da competición con case 20 puntos por partido.

As claves do encontro pasarán por saber parar a esta xogadora e polo acerto das xogadoras exteriores do Extrugasa, ademais desa profundidade de banquiño que está a amosar o equipo de Isaac Fernándeaz nas últimas semanas.

En Liga EBA, despois da derrota da última xornada ante o Domo Oviedo que cortaba a xeira de nove partidos consecutivos gañados, ós de Juan Espiñeira xa só lles queda loitar por quedar o máis arriba posible na clasificación. O playoff quedou descartado e xa é inalcanzable. O rival ó que se mediarán este domingo será o Lan Mobel; se os vilagarciáns vencen ós guipuzcoanos, pasaranlles na clasificación xa que agora empatan a 15 victorias. Será mañá ás 18:30.

Unha división por debaixo, o Establecimientos Otero xa asegurou a súa presencia na fase de ascenso e mediarase esta fin de semana á Salle Inmaculada de Santiago, mañá a partires das 20:15. Partido especial para Pablo Barreiro que volve á casa que lle víu nacer como xogador.

Redacción Salnés