ICE-Renovación estrea servizo de lavandería e almorzo en Ribeira

RIBEIRA> O alcalde, Manuel Ruíz, e a edil de Servizos Sociais, Ana Barreiro, visitaron esta mañá o local da asociación ICE-Renovación, na rúa Cervantes, para coñecer de primeira man o funcionamento do programa ‘Lavandería Solidaria e Calor Café’ que vén de poñer en marcha recentemente a entidade, en colaboración co propio Concello.

A iniciativa, que ten coma principal finalidade cubrir parte das necesidades básicas das persoas sen fogar, está a ter moi boa acollida, dando servizo a unha vinte persoas.

Dende o Concello agradeceron o traballo que realizan entidades como ICE Renovación que permiten a integración de persoas en risco de exclusión.

Para a posta en marcha deste servizo de lavandería e calor café, que se suma tamén ó de roupeiro, o Concello fíxolle unha achega duns 1500 euros. Pero a intención da entidade é ir máis alá no seu labor humanitario, polo que xa ten en mente a posta en marcha dun centro de emerxencia social.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí