Sanxenxo irá a Expovacaciones da man da Deputación e o CETS

    catalina_deputacion_100.jpgSANXENXO > O concello de Sanxenxo, o Consorcio de Empresarios Turísticos da vila, e a Deputación de Pontevedra asinaron esta mañá o convenio

    … polo que as tres entidades acudirán de xeito conxunto a feira Expovaciones, en Bilbao. Será para promocionar o destino turístico do municipio, no que é o evento máis importante do sector no norte de España.

    Esta é a segunda vez que o concello de Sanxenxo se vai a publicitar coma opción de destino turístico, da man da Deputación de Pontevedra, e xunto co CETS. Faino tralos bos resultados da anterior incursión feita en Madrid o pasado ano. Para promocionar ó concello elixiron desta volta o País Vasco, a terceira comunidade autónoma emisora de visitantes á provincia de Pontevedra, nun evento que esperan seguir presentando de xeito conxunto no futuro.

    O turismo é un dos principais piares da economía do concello, que tamén persegue ir máis aló da súa imaxe de sol e praias e consolidar a oferta estable durante todo o ano. Todo isto nun sector que esixe estar ó día e seguir innovando. Turismo Rías Baixas tamén contará cun están propio na feira, que comezará en Bilbao o vindeiro 15 de maio. Nela participarán uns 450 profesionais do sector turístico, entre eles turoperadores, axentes de viaxes e medios de comunicación.

    Redacción Salnés