CC.OO. e UXT poñen en marcha unha ILP por unha renda mínima para ‘rescatar persoas’

    VILAGARCÍA> Comisións Obreiras e UXT buscan garantir ingresos mínimos para as familias que pasan dificultades. Os sindicatos veñen de pór en marcha unha recollida de sinaturas a nivel estatal para apoiar a iniciativa lexislativa popular que esixa esta renda mínima. Segundo os datos aportados hoxe, practicamente 13 millóns de españois están en risco de pobreza ou exclusión social.

     

    Garantir unha renda mínima para os fogares que pasan dificultades é o obxectivo da Iniciativa Lexislativa Popular que queren impulsar Comisións Obreiras e UXT.

    Segundo Comisións Obreiras, 13 millóns de españois están en risco de pobreza ou exclusión social. Tamén, cada vez son máis os fogares que teñen a todos os seus membros en paro.

    Na súa proposta, os sindicatos apuntan que serían precisos uns 11 mil millóns de euros para soster esta axuda; un financiamento que chegaría dende os orzamentos xerais do estado. Ademais, afirman que axudas deste tipo xa existen noutros países europeos.

    Os sindicatos porán en marcha unha recollida de sinaturas para apoiar esta iniciativa.

    Comisións Obreiras anunciou tamén que o 1 de outubro concentraranse na praza de Ravella para chamar a atención sobre a perda de poder adquisitivo que están a sufrir os pensionistas, que moitas veces son os que sosteñen familias enteiras coa súa pensión. A protesta realizarase a nivel de toda España.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/29/renta_minima_ccoo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/29/renta_minima_ccoo.mp4{/flowplayer}