Un incendio calcina un turismo en Vilanova

VILANOVA> Susto en Vilanova de Arousa. Un incendio calcinou por completo un turismo na zona do Sixto.

As lapas calcinaron por completo o vehículo. Por sorte, non se rexistraron feridos.

Ata o lugar do accidente desprazáronse efectivos de Emerxencias de Vilagarcía. Ata o lugar tamén se desprazou a Garda Civil.

Os efectivos de emerxencias tentaron apaga-lo incendio, pero pouco se puido facer por salva-lo coche.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí