Cambados Pode levará unha moción a pleno para urbanizar a rúa Manuel Murguía

CAMBADOS> Cambados Pode levará unha moción a pleno para urbanizar a rúa Manuel Murguía. A formación de José Ramón propoñerá incluíla dentro dos proxectos que opten ás subvencións do plan concellos da Deputación de Pontevedra. A reforma tería un custo de 50 mil euros.

Os veciños da rúa Manuel Murguía solicitaron ao concello no 2018 a urbanización da súa vía. A proposta foi aprobada pola corporación municipal pero os diferentes trámites con patrominio e a xunta, impediron que o proxecto puidese ser presentado ás subvencións do plan concellos 2019 da deputación de Pontevedra. Agora que o concello conta con todos os permisos, a formación Cambados Pode levará unha moción a pleno para que o goberno municipal inclúa este proxecto para as axudas do 2020 do ente provincial.

Esta rúa é a única do entorno de Fefiñáns que queda sen urbanizar. Coa reforma se cumpriría cunha vella demanda dos veciños.

José Ramón Abal agarda que a moción sexa aprobada por unanimidade.

O vindeiro pleno da corporación de Cambados terá lugar a semana que ben. De ser aprobada, o concello tería ata marzo para presentar o proxecto ás axudas do plan concellos 2020.