Gómez Noya vence con autoridade en Pontevedra

triatlon250_210408.jpgPONTEVEDRA > A proba da Copa de Europa de Triatlón disputada este sábado en Pontevedra tivo o final desexado e agardado por todos xa que o ferrolán Javier Gómez Noya impúxose a tódolos seus rivais amosando unha gran superioridade.

Xa ninguén pode dubidar de que Javier Gómez Noya é o máximo favorito para levarse o ouro nos Xogos Olímpicos de Pekín, a cita máis importante do ano. Esta fin de semana volveu a amosar todo o seu potencial na Copa de Europa, diante dos seus veciños de Pontevedra, cidade onde ten fixada a súa residencia dende hai un tempo. A metereoloxía non acampañou, nun día gris, chuvioso e frío pero iso non impedíu que milleiros de persoas enchesen as rúas da cidade; segundo os datos eda organización foron 30.000 persoas as que presenciaron a victoria de Gómez Noya.

Na carreira, o galego saíu primeiro da traxecto de quilómetro e medio que había que facer no Lérez a nado. Pronto situou as vantaxes en torno ós 30 segundos pero no sector de bicileta picou unha das súas rodas o que lle obrigou a pararse e perder tempo para pasar a formar parte dun pelotón e deixar a cabeza de carreira para o francés Batelier e o ruso Parienko.

Pero no derradeiro sector, nos 10 kilómetros a pé, amosou de novo todo o seu potencial e remontou espectacularmente para rematar levándose a victoria ante a ledicia de todos os que se achegaron ó Estadio da Xuventude. Por detrás entraron en meta os alemáns Prochnow e Justus. Francesc Godoy foi o segundo triatleta nacional e rematou duodécimo.

Nas mulleres a favorita, a portuguesa Vanessa Fernandes, campiona de europa e do mundo, tivo que retirarse da proba por síntomas de hipotermia; gañou a alemana Kathrin Mueller. E é que a proba foi moi durísima polas condicións na que se levou a cabo a grande maioría dos atletas remataron en moi malas condicións físicas.

Pontevedra demostrou que pode acoller con éxito unha proba destas carecterísticas e dende o Goberno Autonómica preténdese xa traer a Copa do Mundo á cidade do Lérez.

Redacción Salnés