Presentado o IX Campus ‘Vila de Noia’

NOIA> A actividade, organizada polo Club Baloncesto Noia, contará coa presenza do xogador do UCAM Murcia José Ángel Antelo, desenvolvéndose do 21 ó 26 de xullo. O próximo luns arrancará unha nova edición, e xa van nove do Campus de Baloncesto José Ángel Antelo. A actividade estará dirixida a rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os seis e os dezaseis anos, que se inicien na práctica deste deporte ou desexen perfeccionar os seus coñecementos. En total hai 50 prazas dispoñibles. Na edición deste ano contarase tamén con sesións dirixidas por técnicos da Federación Galega de baloncesto. Na presentación do campus tamén tomou parte o xogador local José Ángel Antelo, que participará activamente na actividade. Antelo tamén falou de como se lle presenta a actual campaña no UCAM Murcia despois de superar unha dura lesión, que o mantivo case apartado toda a temporada das canchas.