Os bateeiros acusan a Quintana de querer rematar co sector

    bng_mexillon100.jpgVILAGARCÍA> Enfado e tristura mesturáronse esta mañá na sede do BNG, cando bateeiros e o deputado autonómico Bieito Lobeira …

    {flowplayer}images/salnes/bng_mexillon.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> Enfado e tristura mesturáronse esta mañá na sede do BNG vilagarcián, cando bateeiros e o deputado autonómico Bieito Lobeira, mostraban a situación do sector mexilloeiro galego. Acusan á Conselleira do Mar, de querer rematar co sector.

    A reunión dos bateeiros co Deputado do BNG, Bieito Lobeira, tivo como finalidade dar a coñecer a súa análise da situación do sector mexilloeiro, como consecuencia, din, da persecución do PP para terminar con el. Segundo os bateeiros, Rosa Quintana, conselleira do Mar, ‘despreza o mexillón galego e prefire o estranxeiro’. Por iso os bateeiros entregaron a Bieito Lobeira un agasallo para a Conselleira do Mar.

    Pola súa banda, Lobeira fixo balance da crítica situación vivida no sector, con prezos máis baixos que hai dez anos, con pagos a un ano vista e todo, segundo di, ‘por culpa da persecución do PP ao sector, para rematar con el’, algo que cualifica de ‘acto de traizón’.

    As intervencións dos bateeiros estiveron cargadas de emotividade, pola preocupación, pola tristura e polo enfado que lles produce a actual situación do sector que lles proporciona o seu medio de vida. Bieito Lobeira presentará no Parlamento unha interpelación relativa aos ataques do Goberno galego ao sector Mexilloeiro.

    Redacción Salnés