Excarceran a un pontevedrés que faleceu nun accidente en Barro

    fotoaccidentemoranacopia.jpg BARRO> Víronse implicados tres vehículos, aínda que foron dous os que colisionaron. Como resultado da colisión un dos condutores perdeu a vida no acto.

    {flowplayer}images/salnes/SinistroMortalMorana.flv{/flowplayer}

    O falecido, un veciño de Pontevedra de 50 anos de idade, tivo que ser excarcerado polos Bombeiros do Salnés ó quedar atrapado no Peugeot 306 que conducía. A condutora do outro vehículo implicado, un Ford Mondeo, resultou ferida leve e foi trasladada ó hospital Domínguez de Pontevedra.

    O punto concreto da colisión atópase xusto ó pasar as casas, á saída dunha curva, aínda que polo de agora descoñécense as causas do accidente, iso si, os veciños desconfían que a chuvia podería ter influído.

    Mentres se produciu o levantamento do cadáver e durante o tempo que os bombeiros tardaron en excarcerar ó condutor, a estrada permaneceu pechada.

    Ata o lugar desprazáronse ademais dos Bombeiros do Salnés, Urxencias Médicas e a Garda Civil de Tráfico.

    Redacción Salnés