Presentada a Semana do Deporte Provincial

semanadeporte250_230408.jpgPONTEVEDRA > As actividades programadas dentro deste amplo evento comezarán cunha exposición no Pazo Provincial, onde hoxe foi feita a presentación, e finalizarán o xoves que ven coa disputa da final da Copa Deputación de fútbol.

O Deputado de Deportes José Enrique Sotelo presentou esta mañá a Semana do Deporte Provincial, unha serie de actos e competicións que se levarán a cabo durante os vindeiros sete días e que xirarán en torno á Gala do Deporte, evento principal que se celebrará o mércores que ven día 30.

Mañá mesmo comezarán as actividades coa inauguración dunha exposición no propio Pazo Provincial que levará o nome de Pontevedra Olímpica, nela retrataranse os logros dos deportistas pontevedreses que participaron nos Xogos Olímpicos.

Entre outros eventos, o sábado, no Pavillón Municipal de Baiona comezará a primeira Fase do Torneo de Balonmán da Deputación, na que tomarán parte equipos de Primeira Nacional. Teucro, Pilotes e Cangas entrarán en competición en eliminatorias máis avanzadas.

Para o domingo quedará a Pontevedra – Vigo – Pontevedra, proba ciclista que entra dentro do calendario da Copa de España e que renace 37 anos despois da derradeira ocasión na que se celebrou.

Os actos completaranse o luns e o martes, con charlas coloquios sobre vivencias olímpicas e sobre o mundo do motor. O mércores celebrarase a Gala do Deporte e o xoves pecharanse esta especial semana coa disputa da final da Copa Deputación en Ponteareas entre o Alondras e o gañador da outra semifinal que enfortará a Sporting Guardés co Coruxo.

Redacción Salnés