Este sábado, o mellor do atletismo nacional en Pontevedra

atletismo250_230408.jpgPONTEVEDRA > O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, presidíu hoxe a presentación da Primeira xornada da Liga de División de Honra de atletismo. A competición, que se celebrará esta fin de semana, congregará no Estadio da Xuventude ós mellores equipos do país nesta disciplina.

Todo listo para que dé comezo o sábado o Campionato de España de Clubes de Atletismo, que por primeira vez celebrarase en Pontevedra. Nel participará a Sociedade Gimnástica de Pontevedra, que buscará un bo resultado en categoría masculina e o ascenso a divisiión de honra nas mulleres.

O equipo pontevedrés presenta probablemnte a mellor plantilla dos seus oitenta anos de historia, moi traballada durante as últimas temporadas, co lanzador de xabalina Gustavo Dacal como máximo expoñente. Hoxe, acompañando a Lores estiveron do equipo directivo da Gimnástica, entre eles o seu presidente Ramón Touza.

A competición comezará o sábado pola tarde; os homes competirán nun grupo de catro co Medislat de Lleida, Playas Jandía e Academia Postal de Ourense. Se quedan entre os dous primeiros xogarán polo título, se son terceiros e cuartos, por eludi-lo descenso.

No caso das mulleres, a competición será semellante, con catro grupos de catro equipos. Elas participarán o domingo, en Primeira División e parten como favoritas para acadar o ascenso á máxima división nacional. Dende a organización anímase a tódolos pontevedreses a que acudan a esta cita, ó Estadio da Xuventude, para animar a tódolos atletas, en especial ós locais.

Agardan, eso sí, que o tempo acompañe para que poida lucir máis a competición.

Redacción Salnés