O piragüismo boirense continúa sembrando éxitos

BOIRO> Os palistas do Náutico Boiro Piragüismo Rías Baixas foi recibido no concello. O rexedor local e o concelleiro de deportes agasallaron ó conxunto, con mochilas para ás súas equipacións.

Xoán Xosé Dieste e Nolo Romero quixeron recoñecer o bo papel desenvolvido polos kayakistas e canoístas do Piragüismo Rías Baixas nestas últimas competicións, engrosando deste xeito un palmarés repleto de éxitos. Especial fincapé fixeron na actuación de Cristian Silva. Con tan só 18 anos, ven de lograr un posto na embarcación española K4 que loitará pola medalla no mundial de Hungría. Mañá ten a posibilidade ademais de clasificarse individualmente no K1 200 metros. Unha serie de logros que enchen de orgullo a todos os boirenses e por suposto ó seu club deportivo. O presidente do club incidiu na importancia de continuar traballando en equipo para seguir xerando resultados satisfactorios. No concello teñen presente que as actuais instalacións do club non se corresponden cos méritos que se están a acadar. Aseguraron que a mellora da sede será un dos principais compromisos para a próxima lexislatura.