![]()
POIO > O San Miguel de Deiro confirmou en Combarro a súa clasificación para a semifinal da Copa Deputación de Fútbol. O encontro durou a penas uns minutos, porque só había que tirar un penalti.
{flowplayer}images/salnes/penalti_combarro_deiro.flv{/flowplayer}
POIO > O San Miguel de Deiro confirmou en Combarro a súa clasificación para a semifinal da Copa Deputación de Fútbol. O encontro durou a penas uns minutos, porque só había que tirar un penalti. Polos vilanoveses empezou tirando Johan, pero fallou e houbo que continuar cos lanzamentos. O xogador do Combarro acertou e só quedaba que o Deiro marcase o último penalti para volver a Vilanova coa clasificación. E así o confirmou o tanto de Toni.
A historia do penalti máis longo do Deiro comezou o pasado domingo en Poio, no partido de volta dos cuartos de final da Copa Deputación. Como o encontro acabara en empate a uns e como tamén empataran no de ida en Vilanova foise ós penaltis. Pero non se tiraron todos. O árbitro deu por concluído o partido dando por clasificado ó Deiro a falta de que este o certificara cun último penalti. Disto só se decataron os xogadores do Combarro, estando xa de copas e presentaron unha reclamación. O comité de competición asumiu o erro e onte á tarde completouse a rolda de penaltis. Agora ó Deiro xa lle espera o Caroi.
Redacción Salnés







